Qué facer?
Nun entorno espectacular, aquí poderás atopar unha ampla oferta de recursos e actividades para relaxarte e gozar do teu tempo libre con amigos e familia
¿Qué está pasado no Náutico de Castrelo?

ContemporáneA: Oswaldo Oro, guitarra e composición
ContemporáneA traevos ao Náutico de Castrelo a Oswaldo Oro o próximo venres 10 de Febreiro as 20.30. OSWALDO ORO nace en Vigo e iníciase na música da man do seu avó, o músico e compositor José Oro Val. Estuda no conservatorio Mayeusis cos profesores, Pedro Díaz, Ernesto Campos, compositor de extensa traxectoria e Rimas Zdanavicius, do que recibe as súas primeiras leccións de canto, finalizando a licenciatura de grao superior (promoción ano 2002-2006) no conservatorio superior de música de Vigo. Durante ese período, fórmase con: Margarita Escarpa, primeiro premio no XX “Solo Guitar Competition”, organizado pola “Guitar Foundation of America” Québec; José Luis Fernández; Tomás Camacho, alumno de José Tomás, Andrés Segovia, John Williams, Narciso Yepes… e ao que o propio Joaquín Rodrigo cualificou como excelente guitarrista e magnifico interprete das súas obras. Ten participando en seminarios cos guitarristas máis destacados do panorama nacional e internacional: David Russel, Eduardo Baranzano, Jorge Cardoso, Fabio Zanon, Ricardo Gallén, Ricardo Barceló, Daekun Jang, Marco Socias, Alex Garrobé e un longo etcétera. Paralelamente, estuda arranxos de composición e guitarra de jazz na escola “Jazz ao norte” do Porto, asistindo a diversos seminarios desta disciplina e enriquecendo a súa formación con clases de flamenco. Ademais das […]

Cea con Estrelas
O vindeiro venres 30 de Decembro, non podes perder a última cea con estrelas do ano no Náutico de Castrelo. ¿Qué che propoñemos? Disfruta dun menú temático no que probarás roliño de Hubble, polbo cósmico, torta setestrelo… e outras especialidades espaciáis! Ademáis, poderás asistir a observación da nebulosa de Orión, as Pléiades, cúmulo do Pesebre, constelacións, e charlas sobre mitoloxía e astrofísica da man de astrónomos. Todo esto por soamente 19€ por persoa, 11€ para menores de 12 anos acompañados. Esperámoste no Náutico de Castrelo as 21:00h, será imprescindible que reserves xa que contamos con prazas limitadas. Para máis información e reservas, escríbenos xa a info@nauticocastrelo.com ou chámanos ao 988493245.

XVIII Edición San Silvestre
Coa chegada de Decembro, é hora de prepararse para a tradicional carreira de San Silvestre da que este ano celebramos a XVIII edición. O vindeiro 31 de Decembro, para despedir ben o ano, non te esquezas de achegarte a Castrelo de Miño e participar! Xa está aberto o prazo de inscrición e terás ata o día 29 ás 14.00 para apuntarte. Inscríbete xa!

VI Xornadas Micolóxicas en Castrelo de Miño
Este sábado 3 de Decembro con saída no Parque Náutico as 10:00 horas, comezaremos a procura de cogumelos e o taller de identificación e clasificación de exemplares que impartirá Rita Cid. Ademáis, contaremos coa opción de disfrutar dun Xantar Micolóxico no restaurante do Parque Náutico por 15€/persoa. ¿Precisas máis información ou queres reservar? Chámanos ao 988 49 32 45.

Magosto no Náutico de Castrelo
O vindeiro venres 11 de Novembro dende as 19.30 poderás disfrutar no Náutico de Castrelo cos teus amigos e familia de todo o necesario para celebrar un bo magosto: lume, chourizo con pan, castañas asadas, bebida (cervexa, copa de viño ou refresco) e queimada! Ademáis haberá obradoiros e xogos infantís para os máis pequenos. Se che gusta a idea, tes ata o 9 de Novembro para mercar no Náutico a tua tarxeta anticipada por so 5€. Ou podes mercar a entrada xeral por 6€ o propio día do magosto. Esperámoste!

ASTROGALICIA: Festa galega das estrelas
Próximamente daremos comezo a festa galega das estrelas no Náutico de Castrelo, non podes faltar a AstroGalicia 2016! Contaremos con diversas actividades os días 7, 8 e 9 de Outubro, entre as que realizaremos observacións tanto nocturnas como diurnas totalmente de balde. Ademáis, poderedes disfrutar de diversos obradoiros de divulgación científica e seminarios divulgativos para todos os públicos e de asistencia libre, impartidos por: J.M. Madiedo, da Universidade de Huelva Ana Ulla, da Universidade de Vigo Centro de AstroBioloxía (NASA-INTA) Tamén teredes a oportunidade de inscribirvos a diversos obradoiros de iniciación a astronomía, detección de meteoros e radioastronomía (actividades so dispoñibles para aqueles inscritos) Esta inscrición será de 20€ a xeral, e de 10€ para aqueles que sexan socios de entidades patrocinadoras. Ademáis, aqueles que decidades asistir teredes opción a aloxamento e pensión completa. Descubre o programa completo de AstroGalicia 2016. Descarga aquí o cartel de AstroGalicia 2016.

Ribeiro Blues Wine Festival no Náutico de Castrelo
O 12 e o 13 de Agosto, un ano máis, contaremos a partir das 21.30 con diferentes artistas para celebrar o Ribeiro Blues Wine Festival no Parque Náutico de Castrelo. Venres 12 de Agosto Freedonia Marian Ledesma & Los Tinajero Brothers Johnny Cat & The Poor Dogs Gold&Colt Sábado 13 de Agosto Vargas Blues Band The Lákazans Los Hermanos Zapruders Fusión de sons O Fiadeiro folclore galego Non o podedes perder, achegádevos a disfrutar de boa música e bo viño con nos no Náutico de Castrelo!

Sesións de Astronomía no Náutico de Castrelo
Astronomía a ollo espido (Case) Todos os Martes de Agosto (agás o día 16), a partir das 21:30 poderedes disfrutar do noso evento “Astronomía a ollo espido”: un repaso das constelacións de verán e a mitoloxía asociada a elas, ademáis de outras curiosidades relacionadas coa ciencia… todo elo empregando únicamente os nosos ollos. Se vos animades a achegarvos a unha das nosas sesións, recomendámosvos roupa de abrigo e toalla de praia ou tumbona. O Concello de Castrelo de Miño colaborará co apagado do alumeado do Parque Náutico. Aproveitade esta ocasión pra aprender un poco máis de astronomía, a ollo espido e de balde! Astronomía solar (Case) Todos os Mércores de Agosto (agás o día 3), poderedes disfrutar do noso evento “Astronomía solar”: un actividade de observación do Sol cun telescopio específico con filtro H-Alfa, que nos permitirá ollar de xeito seguro as prominencias, manchas, filamentos e coroa solar. Colabora AstroVigo, e poderdes participar de xeito gratuito nas sesións con horario de 13.00 a 15.00 todos os Mércores de Agosto. Aproveitade esta ocasión para aprender máis da astronomía solar! Cea con Lúa de Verán Os días 9 e 10 de Agosto ás 21.30 daremos comezo á Cea con Lúa de Verán, cun menú […]

Campamento de verán - English Experience
Este verán chega ao Club Náutico de Castrelo o campamento English Experience, no que nenos de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos poderán disfrutar de actividades acuáticas e xogo de aventuras con GPS dende o 27 de Xuño ata o 2 de Xullo, á vez que desenvolven as súas habilidades comunicativas en Inglés. Se queredes coñecer en detalle as actividades que se realizarán así como os prezos deste campamento de verán, poderedes consultar os detalles aquí. Para solicitar máis información, no teléfono 988 213 773 ou no correo info@intensive-learning.es

V Xornada de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia
Os vindeiros 21 e 22 de Maio celébrase a V Xornada de portas abertas nas bodegas das Rutas do Viño de Galicia, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia. As bodegas que forman parte destas xornadas ofrecerán visitas gratuitas e degustación o Sábado 21 ás 11.30, 13.00 e 17.00, e o Domingo 22 ás 12.00. Ademáis, os aloxamentos participantes contan con ofertas especiais para disfrutar desta fin de semana entre viñedos, e a Ruta do Viño do Ribeiro porá á vosa disposición un servicio de autobuses procedente de diferentes puntos de Galicia (consultade máis información sobre as rutas de autobuses). Poderedes descargar aquí o programa das actividades e establecementos participantes. Para rematar, tamén os restaurantes adheridos teñen algo preparado para vos. Todos eles, incluído o Náutico de Castrelo, deseñamos menús especiais para esta fin de semana a prezos moi asequibles, empregando os mellores ingredientes da gastronomía galega. Poderedes reservar a vosa mesa chamando ao 988 49 32 45 ou enviando un correo a info@nauticocastrelo.com. Non fagades outros plans para a fin de semana do 21 e 22 de Maio, vémonos no Parque Náutico de Castrelo! Descarga o Programa Completo destas Xornadas Programa Actividades_V Xornada portas abertas RVR

Cea con Lúa
Os vindeiros 10 e 11 de Junio a partir das 21.00 traémosvos unha cea especial con observación astronómica no Parque Náutico de Castrelo. Poderedes observar a través dun telescopio a Lúa e as constelacións mentres un astrónomo vos fala da mitoloxía e astrofísica que as rodea. E para cear? Reserva a túa praza antes de que se acaben, escríbenos a info@nauticocastrelo.com ou chama ao 988 49 32 45 para reservar a túa mesa!

ContemporáneA: O soar das apóutegas
O vindeiro Venres 8 de Abril a partires das 20.30 teremos a sorte de contar no Parque Náutico de Castrelo co Soar das Apóutegas, formado por Juan Manuel Vázquez e Rafa Lobelle. Juan Manuel Vázquez é, probablemente, un dos máis claros exemplos do refrán “aprendiz de moito, mestre de nada”. Música (guitarra clásica, instrumentos de corda pulsada antiga, música popular urbana -folk, rock e metal extremo-), poesía, pintura, fotografía, matemáticas, astronomía…, e, ultimamente, organizador de eventos varios, valerían para resumir un bo feixe de estudios realizados en varias disciplinas e con moitos e moi diversos mestres e profesores, proxectos musicais (con unha morea de gravacións e concertos nas súas costas) e non musicais desenvolvidos. E, por suposto, orgulloso profesor de Música en Secundaria no I.E.S. Lama das Quendas en Chantada. Rafa Lobelle é profesor e poeta. Nado nas Veigas de Viana, pola banda de Chantada, medrou no berce do Faro e do Miño, entre a montaña e o mar. Ten recibido algúns premios literarios polo país adiante. Co libro “Andar ás apóutegas”, deuse a coñecer, mentres, segue á procura doutras letras que compartir. Ademáis poderedes desfrutar do noso menú especial por soamente 12 euros, co que degustaredes: Hummus con […]

CastreloSabe: tapa especial no Parque Náutico
O 18 de Marzo dará comezo a ruta de tapas en Castrelo de Miño. Poderedes disfrutar de diferentes tapas en diversos establecementos, onde cada tapa terá un prezo de 1.5€. O Parque Náutico de Castrelo atópase entre os establecementos participantes, tendo o venres 18 de Marzo como tapa especial espeto de polbo, chipirón e gamba con pataca e pemento. Cada participante ademáis recibirá un boleto por cada tapa consumida, tendo dereito así a participar no sorteo dos seguintes produtos que se realizará o 27 de Marzo ás 13:00 na Feira de Castrelo: - Tres lotes que inclúen libro, botellas de viño e agasallos publicitarios do Consello Regulador D.O. Ribeiro. - Un convite para dúas persoas do programa “Relax Cortegada”, no Balneario de Cortegada, que inclúe circuito termal, bañeira de hidromasaxe con auga minero medicinal e sales do Mar Morto, e masaxe relax. - Unha noite romántica para dúas persoas nas Casiñas de Ribadavia. - Varios lotes de viño das adegas de Castrelo de Miño que participan nas actividades promocionais e gastronómicas de Castrelo.

ContemporáneA: Intro, de María Mendoza
O vindeiro venres 11 a partires das 20.30, ContemporáneA trae a María Mendoza, pianista, compositora e docente que nace en Oviedo en 1975. Titulada Superior en Piano, Música de Cámara, Solfexo, Repentización e Transporte polo Conservatorio Superior de Música de Bilbao e Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. No ano 2002 desprázase a Galicia onde comeza os estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde foi profesora desta especialidade durante seis anos. Neste momento ocupa a súa praza no Conservatorio de Música de Ourense. Como pianista clásica deu numerosos concertos polo País Vasco e Galicia, como solista, como pianista acompañante e en agrupacións de cámara. Teclista e colaboradora en grupos como Kresala, Marylynn, Avelaíña, Doble Morgan, Mr. Magoo, MCarballo, Madame Putufuá et Monsieur Quelquechose, The Tetas’ Van e Gil & Mendoza. Compositora da música da serie Caracol e Caracola e das curtas de animación O día en a mamá se lle puso cara de teteira, E que podo facer eu?, O sultán e os ratos, Rato Tom e Rata Tomasa e Palo, pau e palla da serie Contos do Camiño de OQO filmes, entre elas as gañadoras do Premio Especial do Xurado no Festival […]

Feira da Ruta do Viño do Ribeiro en Castrelo de Miño
O domingo 28 de Febreiro celebrarase, como todos os derradeiros domingos de cada mes, a Fiera de Castrelo no Parque Náutico de Castrelo. Este mes a feira estará adicada á Ruta do Viño do Ribeiro, buscando así promocionar as nosas adegas e establecementos turísticos. Como todos os meses, poderedes atopar máis de 100 postos de comerciantes de diversidade de produtos, 25 postos especializados en produtos naturáis e artesanía de Castrelo de Miño. Este derradeiro domingo de Febreiro, non vos perdades a Feira da Ruta do Viño do Ribeiro en Castrelo de Miño!

#CocidoDay en Castrelo de Miño
O Día Internacional do Cocido é un evento altruista no que un grupo de xente vinculado coas redes sociais organiza o próximo sábado 27 de Febreiro a 3ª Edición do #CocidoDay. Despois do éxito da primera e a segunda edición, #CocidoDay quere repetir esta experiencia gastronómica e social. No Parque Náutico de Castrelo de Miño sumámonos á iniciativa e organizamos unha mesa oficial dende a que apoiaremos o evento na redes socias para acadar ser Treding Topic. Ese día temos un menú especial de cocido a un prezo de 15 euros por persoa. Escollemos carne de porco selecta alimentado con castañas Cocido estilo Ribeiro Sobremesas caseiras Pan, bebida, café e chupito Ven gozar con nos o cocido e lembra de compartilo nas redes socias coa etiqueta #cocidoday

Exposición “O Soño De Valentina” de Noemí Penela
Noemí Penela en Contemporánea con “O Soño De Valentina”, do 12 de febreiro ao 10 de marzo. Diplomada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, nacida en Pontedeume (A Coruña). Dende moi nena sentiuse atraída polo mundo da pintura destacando nos seus traballos creativos. O seu primeiro rumbo dirixiuna cara á arte dixital, estudando Deseño Gráfico e Ilustración na Escola Superior de Arte Pablo Picasso da Coruña. Tras un breve período como Ilustradora e Deseñadora en Barcelona, a súa fascinación pola arte clásica e o estudo das técnicas pictóricas tradcionais impulsárona a estudar Conservación e Restauración de Bens Culturais na universidade de Barcelona. Isto levaraa a dominar todo tipo de técnicas pictóricas e escultóricas. Completou a súa formación clásica coa súa estancia no norte de Italia e as Illas Gregas, onde tivo a oportunidade de traballar tamén o mosaico e o fresco. Traballou como conservadora no Museo Nacional de Arte de Cataluña onde se especializou en pintura mural. Actualmente reside en Ourense e compaxina a súa vida laboral como Restauradora coa Pintura. Atopa a súa inspiración na pintura Románica e Flamenga, pola que confesa unha gran admiración.

ContemporáneA: “Méliès e amigos”por Irma Fernández Alonso
O vindeiro Venres 8 de Xaneiro, chega unha nova proposta de ContemporáneA. “Méliès e amigos”, piano e cinema mudo con música de Debussy, Fauré e Satie a cargo da pianista Irma Fernández Alonso. A partir das 20.30 no Parque Náutico de Castrelo.

XVII Edición San Silvestre
Como manda a tradición, rematamos este 2015 coa XVII Edición da Carreira de San Silvestre o vindeiro 31 de Decembro, con saída ás 16.30 dende o Parque Náutico de Castrelo. Tes ata o día 26 de Decembro para inscribirte (na seguinte ligazón), anímate a despedir este ano facendo deporte! Pero se non te convence moito o plan, achégate ó Parque Náutico para axudarnos a animar ós corredores. Ademáis prepararemos un menú especial para os deportistas, vémonos o 31 de Decembro!

Chega a Feira de Nadal a Castrelo de Miño
Como todos os derradeiros Domingos de mes, celebrarase a Feira de Castrelo o próximo 27 de Decembro no Parque Náutico. Pero desta vez, con motivo do Nadal e sendo a última do ano, a feira contará con animación musical, panxoliñas e xogos para os máis pequenos. Animádevos a achegarvos para pasear e mercar nos postos que ofrecen todo tipo de produtos, e de paso desfrutar da cafetería do Parque Náutico comer polbo, churrasco e beber bo viño do Ribeiro. Esperámosvos no Parque Náutico de Castrelo!

V Xornada Micolóxicas de Castrelo de Miño
Sábado 24 de octubro 10:30 h - 11:00 h: Introducción ó mundo da micoloxía (Albergue Municipal de Castrelo de Miño, Parque Náutico) 11:00 h - Saída técnica á procura de cogumelos 12:30 h: Identificación de exemplares 17:00 h: Showcooking micolóxico Domingo 25 de octubro O domingo no Parque Náutico de Castrelo de Miño darase continuación ás V Xornadas Micolóxicas de Castrelo de Miño. Durante a Feira haberá identificación e clasificación de cogumelos e a partires das 12 unha demostración culinaria e degustación deles. Estades todas e todos convidados. E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá: Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…) 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño. Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

Feira de Agosto
Este domingo 30 de Agosto na Feira de Castrelo, A Feira da Maxia. A partires das 11:30 horas, maxia, humor e ilusión de mans do Mago Deimi. E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá: Postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…) Menú especial con polbo e churrasco

Os Amigos dos Músicos nos Atardeceres no Náutico de Castrelo
Este Xoves 27 de Agosto, Os Amigos dos Músicos compartirán con nós unha noite de música, comida, bebida e astronomía. Trátase dun grupo ourensán de folque que comezaron a súa andadura musical alá polo 2010 e agora achéganse ata o Parque Náutico de Castrelo para amosarnos as súas creacións musicáis. Preparádevos para disfrutar dunha noite de música baixo as estrelas con nós e Os Amigos dos Músicos!

VI Clásica Castrelo de Miño
Este ano, esta proba do calendario de clásicos, organizada por Clásicos Arenteiro celebrarase no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Os patrocinadores son as adegas POUSADOIRO, ANTONIO MONTERO e ALBOREXAR NO RIBEIRO, xunto coelas o Concello de Castrelo de Miño. Serán 150Km distribuídos por 7 tramos, dos que 109 son regulares e 41 de conexión. Seis tramos do día antes da merenda / cea servida polo restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño e un tramo de noite de 20km de lonxitude.

VIII Festa do Xarrete e Xarrote
Como parte do programa de actividades das Festas da Asunción e San Roque, este Venres 14 de Agosto invitámoste a achegarte a Macendo a disfrutar da VIII edición da Festa do Xarrete e Xarrote nunha cea que comezará a partir das 21.00 (organizada pola Asociación Sociocultural de Macendo e coa colaboración do Concello de Castrello de Miño)

XIII Festa da Codorniz de Cortiñas
O 14, 15 e 16 de agosto levará a cabo en Cortiñas a Festa da Codorniz e a festa de San Roque. O tres días, haberá música e desde 20:00 poderase degustar unha braseira de codornices e empanada. O día 16 de agosto a partir das 12h haberá procesión fluvial acompañada pola banda de música “A Lira” de Ribadavia.

II Ribeiro Blues Winefestival
Dende o Náutico de Castrelo, queremos convidarvos a disfrutar con nós do Ribeiro Blues Winfestival os vindeiros 7 e 8 de Agosto no ambiente relaxado e familiar do Parque Náutico de Castrelo. Teremos a sorte de contar nesta segunda cita do Ribeiro Blues Winefestival con artistas internacionáis, ademáis da participación de numerosas adegas
No noso blog

Contemporanea Concerto de María Mendoza
María Mendoza Venres 9 de xaneiro de 2018, 20:30 horas. Parque Náutico de Castrelo de Miño, Ourense. Pianista, compositora e docente no Conservatorio de Música de Ourense, María Mendoza é todo versatilidade na música, non en balde, gústalle achegar o seu estilo máis persoal e rockeiro a temas clásicos. Tocou en numerosos grupos de pop, rock, folk, sen deixar de lado a súa faceta clásica, tanto en concertos de música de cámara como pianista acompañante. Premiada no Galician Folk Songs 2015 e no Concurso de Composición Hélianthe 2016, recibe ademais numerosos encargos de estilos moi diversos para series e curtametraxes de animación onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema. Atréveste a viaxar connosco polo tempo e o espazo?. “Nova” é o segundo disco de María Mendoza, irmán xemelgo e reflexo no espello do seu primeiro traballo “Intro”, no que nos propón unha viaxe ao espazo, a moitos pársecs de aquí. A pianista e compositora acompáñase nalgunhas das pezas por millóns de sons dos seus sintetizadores e polo saxo de Emilio José Vázquez Rodríguez (saxo alto na premiada “Devil’ s Dance” no Concurso Hélianthe e saxo barítono en “Zero”). Dividido en tres bloques (Imaxes/Contemporánea, […]

Astrogalicia. Festa Galega das Estrelas
AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que os simplemente curiosos pasen uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións. INSCRÍBETE!! Datos técnicos Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense). Datas: do 13 ao 15 de outubro. Participantes: 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas. Actividades: oficiais (conferencias, grupos de traballo, obradoiros para interesados e observacións públicas) e paralelas (exposicións, proxeccións cinematográficas, charlas-café…). Programa de actividades Venres 13 de outubro 20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir. 21:00 AstroCea: cea temática astronómica. 22:00 horas. Actividade inicial: posible charla ou contacontos astronómicos ou… Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas. 22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta. Sábado 8 de outubro 10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico. 11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta. […]

Remo e piragüismo en Castrelo no mes de xuño
Coa chegada do mes de xuño axítouse o programa de competicións deportivas en Castrelo de Miño. Toma nota das datas e achégate ata o Parque Náutico para descubrir unhas modalidades apaixoantes nas que participan dende nenos e nenas ata deportistas de alto nivel. 4 Xuño. Regata Preparatoria. Campionato Galego de Remo. 11 Xuño. Campionato Galego de Remo. Benxamíns e Alevíns 12 Xuño. 3º Regata Provincial. Campeonato Galego de K2. Piragüismo 18 Xuño. Campionato Galego de Remo Olímpico. Tódalas categorias 19 Xuño. Liga Galega de Piragüismo. IV Regata de Infantiles

Oferta de emprego. Camareiros/as
Comeza unha nova tempada con moita actividade no Parque Náutico e precisamos incorporar persoal para atender a cafetería, o restaurante e a terraza. Buscamos xente para traballar nos próximos meses tanto a tempo completo como para realizar reforzos. Posibilidade de continuidade despois do verán. O perfil desexado é unha persoa con facilidade para traballar en equipo, multitarea e con experiencia no sector da hostelería. Valoramos coñecementos de cociña e de viños. Si pensas que reúnes o perfil que buscamos e queres unirte ao equipo do Parque Náutico envía o teu C.V. a info@nauticocastrelo.com

“Cousas de Comer” visita o Náutico de Castrelo
O pasado Xoves 25 de Febreiro puidemos contar coa visita do programa gastronómico “Cousas de comer”, de Telemiño, no Parque Náutico de Castrelo. Trala súa emisión o 2 de Marzo, hoxe deixámosvos por aquí o enlace para que o poidades ver todos aqueles que o perdestes. Ademáis, amosámosvos un par de imaxes tomadas durante o día de grabación.

O Náutico de Castrelo súmase ó Cocido Day 2016
O Día Internacional do Cocido é un evento altruista que busca reunir a bloggers de cociña, gastronomía e viaxes, tuiteiros, periodistas e amigos en xeral, simultáneamente en varios puntos de Galicia e do mundo para comer un bo cocido. O obxectivo final deste evento é convertir #CocidoDay en Trending Topic en toda España, axundando así a dar visibilidade aos eventos gastronómicos de Galicia e que esta se convirta en todo un referente. Todo elo, por suposto, pasando un bo momento con amigos xunto ao plato invernal por excelencia. Para este evento, o Parque Náutico de Castrelo formou unha das tres mesas oficiais que participaron na provincia de Ourense, 46 en total en todo o mundo. Na mesa puidemos contar con Alfredo Fernández, da Adega Pousadoiro; Laura López e Nicole Leites, profesionais do turismo; Daniel Martí, profesor da Universidade de Vigo; Xosé Xoga, deseñador gráfico; Xurxo Rodríguez, alcalde de Castrelo; Susana Meijomil e César González, profesionais do marketing; e como Codico Leader ou responsable do evento no Parque Náutico, Emilio Cuíñas. Tras unha xornada distendida onde as redes sociais foron coprotagonistas do cocido, as cifras non puideron ser mellores. Moitos disfrutaron das diferentes variantes do cocido en diversos puntos de Galicia e do mundo (Madrid, Barcelona, Valencia, Tenerife, Londres), […]

Menú especial. Día dos namorados
Chega o día dos namorados e que mellor plan que celebralo cun bo xantar ou cea. No Parque Náutico de Castrelo deseñamos un menú especial para esta fin de semana e ambientaremos as mesas e a sala con motivos románticos e algúnha outra sorpresa. Menú dispoñible o sábado 13 en horario de xantar e cea e o domingo 14 en horario de xantar. Reserva no 988 49 32 45 ou en info@nauticocastrelo.com

Presentación Vuelta Ciclista a España no Parque Náutico de Castrelo
O mes de decembro arrancou cunha fría pero intensa xornada no Parque Náutico de Castrelo. Acollemos a presentación de a “Vuelta Ciclista a España” facéndose público que a primeira etapa unirá o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño nunha contrareloxio por equipos.

Sorteo dunha viaxe en catamarán con degustación de viño a bordo
Dende o Parque Náutico de Castrelo queremos despedir este fantástico verán facendo algo especial!! Participade nun sorteo dunha viaxe en catamarán polo embalse de Castrelo para 8 persoas con degustación de viños a bordo incluída!

#LaconNetwork en Castrelo de Miño
O pasado venres 24 celebramos a edición número 60 da #LaconNetwork no Parque Náutico de Castrelo de Miño. A LaconNetwork e unha xuntanza que se fai o último venres de cada mes e que congrega, sempre ao redor dunha mesa, a emprendedores de diferentes sectores que teñen, sobre todo, proxectos en Internet.

Paso a paso…
Despois dun longo proceso de xestións administrativas xa está en marcha o proxecto do novo Parque Náutico de Castrelo de Miño. A entrega das chaves por parte do concello é un hito importante no traballo de creación dun novo modelo de negocio para unhas instalacións emblemáticas.
Visítanos
Non esperes que outros cho conten, ven a gozar do corazón do Ribeiro connosco
Avda. Alejando Ferrer 32430 Casterlo de Miño - Ourense
Cando abrimos?
Luns
09.00 - 23.00
Martes
09.00 - 23.00
Mércores
09.00 - 23.00
Xoves
09.00 - 23.00
Venres
09.00 - 00.00
Sábado
09.00 - 00.00
Domingo
09.00 - 00.00