Os vindeiros 21 e 22 de Maio celébrase a V Xornada de portas abertas nas bodegas das Rutas do Viño de Galicia, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia.

As bodegas que forman parte destas xornadas ofrecerán visitas gratuitas e degustación o Sábado 21 ás 11.30, 13.00 e 17.00, e o Domingo 22 ás 12.00. Ademáis, os aloxamentos participantes contan con ofertas especiais para disfrutar desta fin de semana entre viñedos, e a Ruta do Viño do Ribeiro porá á vosa disposición un servicio de autobuses procedente de diferentes puntos de Galicia (consultade máis información sobre as rutas de autobuses). Poderedes descargar aquí o programa das actividades e establecementos participantes.

Para rematar, tamén os restaurantes adheridos teñen algo preparado para vos. Todos eles, incluído o Náutico de Castrelo, deseñamos menús especiais para esta fin de semana a prezos moi asequibles, empregando os mellores ingredientes da gastronomía galega.

menu

Poderedes reservar a vosa mesa chamando ao 988 49 32 45 ou enviando un correo a  info@nauticocastrelo.com. Non fagades outros plans para a fin de semana do 21 e 22 de Maio, vémonos no Parque Náutico de Castrelo!

 

 

 

 

Descarga o Programa Completo destas Xornadas Programa Actividades_V Xornada portas abertas RVR

 

Location: Parque Náutico de Castrelo