Como todos os derradeiros Domingos de mes, celebrarase a Feira de Castrelo o próximo 27 de Decembro no Parque Náutico.

Pero desta vez, con motivo do Nadal e sendo a última do ano, a feira contará con animación musical, panxoliñas e xogos para os máis pequenos.

Animádevos a achegarvos para pasear e mercar nos postos que ofrecen todo tipo de produtos, e de paso desfrutar da cafetería do Parque Náutico comer polbo, churrasco e beber bo viño do Ribeiro.

Esperámosvos no Parque Náutico de Castrelo!