Contemporanea Concerto de María Mendoza

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2018/02/portada-maria-mendoza-e1517837989186.png
ContemporaneA, Náutico de Castrelo

 

María Mendoza

Venres 9 de xaneiro de 2018, 20:30 horas.
Parque Náutico de Castrelo de Miño, Ourense.

Pianista, compositora e docente no Conservatorio de Música de Ourense, María Mendoza é todo versatilidade na música, non en balde, gústalle achegar o seu estilo máis persoal e rockeiro a temas clásicos. Tocou en numerosos grupos de pop, rock, folk, sen deixar de lado a súa faceta clásica, tanto en concertos de música de cámara como pianista acompañante. Premiada no Galician Folk Songs 2015 e no Concurso de Composición Hélianthe 2016, recibe ademais numerosos encargos de estilos moi diversos para series e curtametraxes de animación onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema. Atréveste a viaxar connosco polo tempo e o espazo?.

“Nova” é o segundo disco de María Mendoza, irmán xemelgo e reflexo no espello do seu primeiro traballo “Intro”, no que nos propón unha viaxe ao espazo, a moitos pársecs de aquí. A pianista e compositora acompáñase nalgunhas das pezas por millóns de sons dos seus sintetizadores e polo saxo de Emilio José Vázquez Rodríguez (saxo alto na premiada “Devil’ s Dance” no Concurso Hélianthe e saxo barítono en “Zero”). Dividido en tres bloques (Imaxes/Contemporánea, Galician Sketches/Tradicional e Space
Oddities/Electroacústica), o álbum é unha pequena homenaxe sonora ás películas e libros de ciencia ficción que tanto fascinan á artista desde pequena, desde que soñaba con ser astronauta e con saber que había máis aló das estrelas: “Blade Runner” e “Alien”, de Ridley Scott , “Moon”, de Duncan Jones, “Fundación”, “Eu, robot” e “Estou en Portomarte sen Hilda”, de Isaac Asimov… “Clon” é o tema que abre o disco. Queres saber como latexaría o corazón dun clon?

Ao remate cea temática arredor do espazo e a astronomía cun prezo de 18 euros por persoa para que é imprescindible reservar. (Menores de 12 anos 12 euros)