O Náutico de Castrelo súmase ó Cocido Day 2016

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2016/03/CcF_PydWoAAti90.jpg
Eventos, Náutico de Castrelo

Día Internacional do Cocido é un evento altruista que busca reunir a bloggers de cociña, gastronomía e viaxes, tuiteiros, periodistas e amigos en xeral, simultáneamente en varios puntos de Galicia e do mundo para comer un bo cocido. O obxectivo final deste evento é convertir #CocidoDay en Trending Topic en toda España, axundando así a dar visibilidade aos eventos gastronómicos de Galicia e que esta se convirta en todo un referente. Todo elo, por suposto, pasando un bo momento con amigos xunto ao plato invernal por excelencia.

Para este evento, o Parque Náutico de Castrelo formou unha das tres mesas oficiais que participaron na provincia de Ourense, 46 en total en todo o mundo. Na mesa puidemos contar con Alfredo Fernández, da Adega Pousadoiro; Laura López e Nicole Leites, profesionais do turismo; Daniel Martí, profesor da Universidade de Vigo; Xosé Xoga, deseñador gráfico; Xurxo Rodríguez, alcalde de Castrelo; Susana Meijomil e César González, profesionais do marketing; e como Codico Leader ou responsable do evento no Parque Náutico, Emilio Cuíñas.

20160227_181959

De esquerda a dereia: Emilio, Laura, Xosé, Susana, Laura, Daniel, Nicole, César, Xurxo e Alfredo

Tras unha xornada distendida onde as redes sociais foron coprotagonistas do cocido, as cifras non puideron ser mellores. Moitos disfrutaron das diferentes variantes do cocido en diversos puntos de Galicia e do mundo (Madrid, Barcelona, Valencia, Tenerife, Londres), pero ademáis as cifras deste ano en Twitter superaron o esperado. #CocidoDay foi Trending Topic durante máis de 8 horas nas que por enriba de 2200 persoas participaron, creando uns 12000 tweets con máis de 40 millóns de impactos. Esta 3ª edición do Día Internacional do Cocido triplicou os datos de aquela 1ª celebrada en 2014, co cal definitivamente podemos esperar moito da que ven.

Ademáis, a prensa escrita tampouco se quedou atrás en canto á difusión do evento, falando desos tres restaurantes ourensanos que participamos, na Voz de Galicia ou na Región, onde ademáis comentan cómo o cocido se convertiu no rei das redes o pasado 27 de Febreiro.

Estamos moi contentos de ter sido establecemento oficial acreditado para formar parte do Cocido Day 2016, pero sobre todo de poder compartir unhas horas de cocido, sobremesas, chupitos e charlas cos nosos invitados. Esperamos que esta idea que naceu fai xa 3 edicións siga medrando e sumando seguidores de todos os rincóns, a próxima tocará na terraza do Parque Náutico!