ContemporáneA traevos ao Náutico de Castrelo a Oswaldo Oro o próximo venres 10 de Febreiro as 20.30.

OSWALDO ORO nace en Vigo e iníciase na música da man do seu avó, o músico e compositor José Oro Val. Estuda no conservatorio Mayeusis cos profesores, Pedro Díaz, Ernesto Campos, compositor de extensa traxectoria e Rimas Zdanavicius, do que recibe as súas primeiras leccións de canto, finalizando a licenciatura de grao superior (promoción ano 2002-2006) no conservatorio superior de música de Vigo. Durante ese período, fórmase con: Margarita Escarpa, primeiro premio no XX “Solo Guitar Competition”, organizado pola “Guitar Foundation of America” Québec; José Luis Fernández; Tomás Camacho, alumno de José Tomás, Andrés Segovia, John Williams, Narciso Yepes… e ao que o propio Joaquín Rodrigo cualificou como excelente guitarrista e magnifico interprete das súas obras.

Ten participando en seminarios cos guitarristas máis destacados do panorama nacional e internacional: David Russel, Eduardo Baranzano, Jorge Cardoso, Fabio Zanon, Ricardo Gallén, Ricardo Barceló, Daekun Jang, Marco Socias, Alex Garrobé e un longo etcétera. Paralelamente, estuda arranxos de composición e guitarra de jazz na escola “Jazz ao norte” do Porto, asistindo a diversos seminarios desta disciplina e enriquecendo a súa formación con clases de flamenco.

Ademais das numerosas actuacións como concertista solista, asiste a concursos internacionais como “O festival internacional Cesar Aria de Cacabelos” e “Concurso internacional de guitarra de Gondomar”, obtendo unha mención honorífica neste.

Ao longo da súa traxectoria escénica, traballou con numerosos grupos de múltiples estilos, desde o clásico, ao amplo abanico de correntes musicais contemporáneos (rock, pop, jazz, etc) demostrando o mesmo interese e respecto por todos eles. Entre algunhas das súas actuacións máis destacadas, atópase a súa participación no festival Are More 2006, co cuarteto “Os catro elementos”.

A súa temperá faceta compositiva é moi ampla: da súa autoría son, a música para a obra de teatro “As bolboretas son libres” de Leonard Gershe, representada no ano 2004. Conta tamén con cantidade de obras instrumentais de diversos estilos e numerosas cancións, onde queda reflectida a súa formación e preferencias musicais.

No seu interese polo canto, chega a participa en distintos proxectos de talla internacional, entre os máis destacados podemos citar: a súa participación como tenor no coro Europa Chorakademie, baixo a batuta do prestixioso Ingo Metzmacher, na polémica obra “Réquiem Für einem jungen Dichter” do compositor Bernd Alois Zimmermann, representada nunha xira por Hamburgo e Bremen no ano 2000. No 2004 traballa na zarzuela “As de Caín”, interpretando o papel de Tomás. Á dirección de Emilio Sagui, participa no ano 2005 na ópera Lucrecia Borgia de G. Donizetti. Nese mesmo ano, colabora como guitarrista, na ópera “Dido e Eneas”.

Na actualidade desenvolve unha laboura docente, sendo convidado a participar con periodicidade en “A semana da guitarra de Vigo” como concertista e profesor.

EL VALS DE LOS AÑOS, é o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome artístico, Oswaldo Oro, do que é ademais de cantante, compositor, arreglista e instrumentista (tocando as guitarra, voces, teclados, sintes, hammond… ) e correspondendo a autoría das letras, á súa irmá, a escritora Raquel Costal Oro. Da man do artista e produtor, Paco Ortega, presenta este proxecto coa participación de músicos de altísimo nivel e recoñecido prestixio como, Anye Bao, Manolo Neto, Diego Magallanes, Walter Tesiorere…

Recentemente gaña o concurso de Composición a nivel mundial FIDELIO, coa obra Zeugma, quedando segundo o Alemán Richard Vaughan e terceiro Vladimir Gapontsev (Rusia).
Oswaldo Oro, voz y guitarras
Javier Casal ,guitarra
Dani Diaz , Batería

Location: Parque Náutico de Castelo