O vindeiro 19 de Setembro, chega á provincia de Ourense o Reto Winnerman! Nada, corre e volve nadar, poñendo no extremo as túas forzas para ver do que eres capaz.

Os que non somos tan atrevidos teremos a sorte de poder animar dende o Parque Náutico de Castrelo a todos aqueles que decidan participar!

Trátase dun percorrido no que os valientes que se inscriban deberán completar tres probas seguidas:

Desafío Junior: 250 metros de natación, 500 metros de carreira a pe, e 250 metros de natación con chegada en terra.

Winnerman Junior Nautico Castrelo

Desafío Winnerman: 1000 metros de natación, 5000 metros de carreira a pe, e 1000 metros de natación con chegada en terra.

Desafio Winnerman Nautico Castrelo

Relevos Mixtos: consistirá na participación dun corredor que completará a etapa de carreira a pe, e un nadador que completará ambas etapas de natación.

Para todos os interesados en participar, recordade que o plazo de inscrición remata o 16 de Setembro (Consulta aquí)

Ós que vos gusten as emocións menos fuertes, achegádevos a disfrutar deste evento con nós no Náutico de Castrelo!!