Astrogalicia. Festa Galega das Estrelas

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2017/10/Captura-de-pantalla-2017-10-07-a-las-19.47.26-e1507398669934.png
Eventos, Náutico de Castrelo

AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que os simplemente curiosos pasen uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións.

 

INSCRÍBETE!!

Datos técnicos

Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).

Datas: do 13 ao 15 de outubro.

Participantes: 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas.

Actividades: oficiais (conferencias, grupos de traballo, obradoiros para interesados e observacións públicas) e paralelas (exposicións, proxeccións cinematográficas, charlas-café…).

Programa de actividades

Venres 13 de outubro

20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.

21:00 AstroCea: cea temática astronómica.

22:00 horas. Actividade inicial: posible charla ou contacontos astronómicos ou… Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.

22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.

Sábado 8 de outubro

10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.

11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta.

12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.

13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Actividade aberta

14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.

16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.

18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.

19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.

21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.

22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.

Domingo 9 de outubro

10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.

12:00 horas. Charla iv. Actividade aberta.

13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de Astrogalicia. Actividade pechada.

14:00 Xantar de despedida.

16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.

PONENTES

Todos eles profesionais en exercicio e expertos nos temas dos que falarán.

  1. Luis Cuesta, astrofísico que traballa na actualidade no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), experto na busca de vida extraterrestre en Marte.
  2. Cristina López: astrofísica do IAA que estivo no equipo descubridor do planeta Próxima centauri b e proxecto Pale Red Dot. Charla sobre exoplanetas.
  3. Javier Cacho: “Auroras: el alma de la noche polar”. Leyendas en muy diferentes culturas, interacción Sol-Tierra, explicación física del fenómeno, fotos con truco, lo que realmente vemos… y más. A cargo de ex-director da Base Antártica Juan Carlos I e escritor.

Inscricións

Para a inscrición e a reserva de aloxamento no albergue de Castrelo de Miño, durante un día ou os dous que dura a actividade, hai a disposición dos interesados un formulario en liña.

Prezo:

Xeral: 25 euros

Socios entidades patrocinadoras: 20 euros

Completa xeral (aloxamento, cea e xantares) 89 euros

Completa socios entidades patrocinadoras: 80 euros

Tamén é posible a asistencia libre ás charlas, cea astronómica (o venres) e a outras actividades de xeito puntual.

ASOCIACIÓNS

Patrocinan a actividade:

Só entre os asociados das asociacións participantes contamos cunha difusión de máis de 300 persoas. A difusión en foros de astronomía especializados, a falta de actividades similares nas comunidades veciñas e norte de Portugal, garante unha difusión de varios miles de persoas.