Como manda a tradición, rematamos este 2015 coa XVII Edición da Carreira de San Silvestre o vindeiro 31 de Decembro, con saída ás 16.30 dende o Parque Náutico de Castrelo.

Tes ata o día 26 de Decembro para inscribirte (na seguinte ligazón), anímate a despedir este ano facendo deporte! Pero se non te convence moito o plan, achégate ó Parque Náutico para axudarnos a animar ós corredores.

Ademáis prepararemos un menú especial para os deportistas, vémonos o 31 de Decembro!