Noemí Penela en Contemporánea con “O Soño De Valentina”, do 12 de febreiro ao 10 de marzo.

Diplomada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, nacida en Pontedeume (A Coruña).

Dende moi nena sentiuse atraída polo mundo da pintura destacando nos seus traballos creativos.

O seu primeiro rumbo dirixiuna cara á arte dixital, estudando Deseño Gráfico e Ilustración na Escola Superior de Arte Pablo Picasso da Coruña. Tras un breve período como Ilustradora e Deseñadora en Barcelona, a súa fascinación pola arte clásica e o estudo das técnicas pictóricas tradcionais impulsárona a estudar Conservación e Restauración de Bens Culturais na universidade de Barcelona. Isto levaraa a dominar todo tipo de técnicas pictóricas e escultóricas.

Completou a súa formación clásica coa súa estancia no norte de Italia e as Illas Gregas, onde tivo a oportunidade de traballar tamén o mosaico e o fresco. Traballou como conservadora no Museo Nacional de Arte de Cataluña onde se especializou en pintura mural. Actualmente reside en Ourense e compaxina a súa vida laboral como Restauradora coa Pintura. Atopa a súa inspiración na pintura Románica e Flamenga, pola que confesa unha gran admiración.