Procesión fluvial de San Roque en Castrelo de Miño

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2015/07/11887070_498529816992114_1524189669_n.jpg
Eventos, Náutico de Castrelo

O pasado Domingo 16 de Agosto, Castrelo de Miño despediu as súas festas coa tradicional procesión fluvial en honra a San Roque e á Virxe da Asunción.

Procesión fluvial Náutico Castrelo

 

Esta tradición que se ven cumplindo dende hai xa 10 anos tivo comezo na igrexa de Santa María, dende onde un catamarán trasladou as imaxes de San Roque e a Virxe da Asunción ata a esplanada do Parque Náutico de Castrelo, onde os veciños esperaban para acompañar a procesión ata o lugar habilitado para a celebración dunha misa ó aire libre. Todo o evento, acompañado pola música da Banda La Lira de Ribadavia, logrou cumplir as expectativas dos que asistiron, facendo deste un evento moi vistoso e cheo de devoción.