Comezamos o camiño

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2015/01/cropped-nautico-castrelo-home-e1423081496520-1.jpg
Eventos, Náutico de Castrelo

Iniciamos a conta atrás para a recuperación dun espazo emblemático no corazón do Ribeiro. A partir de Semana Santa estarán en funcionamiento, e completamente renovadas, as instalacións de servizos do Parque Náutico de Castrelo. Cafetería, restaurante, viñoteca, sala de reunións e eventos e unha variada oferta de actividades para poñer en valor o enorme potencial do “mar interior” do Ribeiro.

cropped-nautico-castrelo-home.jpg

Un deseño moderno e funcional, produtos de calidade e un trato agradable serán as señas de identidade deste novo espazo ao servizo de veciños e visitantes. Si precisas organizar un evento, un xantar de empresa, unha celebración familiar ou descubrir a riqueza vitícola do Ribeiro acabas de atopar o lugar axeitado.

Moi pronto, o Parque Náutico de Castrelo estará ó teu servizo.