O vindeiro Venres 8 de Abril a partires das 20.30 teremos a sorte de contar no Parque Náutico de Castrelo co Soar das Apóutegas, formado por Juan Manuel Vázquez e Rafa Lobelle.

12794891_201917123507510_499692525875454321_o

 

Juan Manuel Vázquez é, probablemente, un dos máis claros exemplos do refrán “aprendiz de moito, mestre de nada”. Música (guitarra clásica, instrumentos de corda pulsada antiga, música popular urbana -folk, rock e metal extremo-), poesía, pintura, fotografía, matemáticas, astronomía…, e, ultimamente, organizador de eventos varios, valerían para resumir un bo feixe de estudios realizados en varias disciplinas e con moitos e moi diversos mestres e profesores, proxectos musicais (con unha morea de gravacións e concertos nas súas costas) e non musicais desenvolvidos. E, por suposto, orgulloso profesor de Música en Secundaria no I.E.S. Lama das Quendas en Chantada.

Rafa Lobelle é profesor e poeta. Nado nas Veigas de Viana, pola banda de Chantada, medrou no berce do Faro e do Miño, entre a montaña e o mar. Ten recibido algúns premios literarios polo país adiante. Co libro “Andar ás apóutegas”, deuse a coñecer, mentres, segue á procura doutras letras que compartir.

 

Ademáis poderedes desfrutar do noso menú especial por soamente 12 euros, co que degustaredes:

  • Hummus con pan de pita
  • Flauta vexetal de polo
  • Falagel á Galega: garavanzos, faba negra e cenoira con salsa grega
  • Tosta de lacón, dátiles e queixo
  • Anacos de laranza galega bañados en chocolate

(Inclúe auga, copa de viño, refresco ou cerveza básica)

 

Estarémosvos esperando no Parque Náutico de Castrelo!

 

Location: Parque Náutico de Castrelo