Oferta de emprego. Camareiros/as

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2016/05/oferta-castrelo.jpg
Náutico de Castrelo

Comeza unha nova tempada con moita actividade no Parque Náutico e precisamos incorporar  persoal para atender a cafetería, o restaurante e a terraza.

Buscamos xente para traballar nos próximos meses tanto a tempo completo como para realizar reforzos. Posibilidade de continuidade despois do verán.

O perfil desexado é unha persoa con facilidade para traballar en equipo, multitarea e con experiencia no sector da hostelería. Valoramos coñecementos de cociña e de viños.

Si pensas que reúnes o perfil que buscamos e queres unirte ao equipo do Parque Náutico envía o teu C.V. a info@nauticocastrelo.com

oferta castrelo