O Parque Náutico comprende unha superficie de máis de 15.000 metros cadrados a carón do Río Miño que alberga numerosas instalacións deportivas e de ocio e tempo libre.
Conta cunha ampla zona de aparcamento.
A zona dos pantaláns é un multitudinario punto de encontro para mozos e mozas onde tomar o sol, bañase e divertirse ao aire libre. Tamén conta con:
- Zona Infantil
- Piscina Municipal
- Paseo Fluvial
- Pistas polideportivas
No entorno do Parque Náutico de Castrelo pódense desfrutar de diferentes actividades e recursos na compaña de familia e amigos.