domingo 31 de Xaneiro terá lugar, como todos os derradeiros domingos de cada mes, a  Fiera de Castrelo no Parque Náutico de Castrelo.

Este mes, con motivo da celebración do entroido, contaremos cunha feira especial na que actuarán o Folión de Tameirón, repartiranse almanaques do concello e moitas máis actividades para todos aqueles que vos acheguedes ó Parque Náutico de Castrelo a celebrar este entroido con nós.

Como todos os meses, nesta Feira do Entroido poderedes atopar máis de 100 postos de comerciantes de todo tipo de produtos, 25 postos especializados en produtos naturáis e artesanía de Castrelo de Miño.

Este derradeiro domingo de Xaneiro, non vos perdades a Feira do Entroido. Esperámosvos!