Este ano, esta proba do calendario de clásicos, organizada por Clásicos Arenteiro celebrarase no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Os patrocinadores son as adegas POUSADOIRO, ANTONIO MONTERO e ALBOREXAR NO RIBEIRO, xunto coelas o Concello de Castrelo de Miño.

Serán 150Km distribuídos por 7 tramos, dos que 109 son regulares e 41 de conexión. Seis tramos do día antes da merenda / cea servida polo restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño e un tramo de noite de 20km de lonxitude.