O 18 de Marzo dará comezo a ruta de tapas en Castrelo de Miño. Poderedes disfrutar de diferentes tapas en diversos establecementos, onde cada tapa terá un prezo de 1.5€.

O Parque Náutico de Castrelo atópase entre os establecementos participantes, tendo o venres 18 de Marzo como tapa especial espeto de polbo, chipirón e gamba con pataca e pemento.

cartel castrelosabe

 

Cada participante ademáis recibirá un boleto por cada tapa consumida, tendo dereito así a participar no sorteo dos seguintes produtos que se realizará o 27 de Marzo ás 13:00 na Feira de Castrelo:

– Tres lotes que inclúen libro, botellas de viño e agasallos publicitarios do Consello Regulador D.O. Ribeiro.

– Un convite para dúas persoas do programa “Relax Cortegada”, no Balneario de Cortegada, que inclúe circuito termal, bañeira de hidromasaxe con auga minero medicinal e sales do Mar Morto, e masaxe relax.

– Unha noite romántica para dúas persoas nas Casiñas de Ribadavia.

– Varios lotes de viño das adegas de Castrelo de Miño que participan nas actividades promocionais e gastronómicas de Castrelo.

 

Location: Castrelo de Miño