#LaconNetwork en Castrelo de Miño

http://nauticocastrelo.com/wp-content/uploads/2015/05/laconnetwork-nautico-de-castrelo-1.jpg
Enoturismo, Eventos, Náutico de Castrelo

O pasado venres 24 celebramos a edición número 60 da #LaconNetwork no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

A LaconNetwork e unha xuntanza que se fai o último venres de cada mes e que congrega, sempre ao redor dunha mesa, a emprendedores de diferentes sectores que teñen, sobre todo, proxectos en Internet.

Primeiro Prato

cata vertical pousadoiro laconnetwork

O evento comezou cunha cata vertical de viño do Ribeiro Pousadoiro, colleita de 2011 e colleita 2013 co obxectivo e apreciar a evolución do viño e distiguir os matices de cada un deles.

A verdade, sorprendeunos e sorprendeu a todos os asistentes o que gañan estes viños cuns anos na botella.

Queremos agradecer a Alfredo de Adega Pousadoiro por realizar esta actividade e deixarnos tan bo sabor de boca.

Segundo Prato

laconnetwork nautico castrelo

Despóis da cata vertical, comezamos co menú que tiñamos preparado para os asistentes que consistiu en:

  • Ceviche de Pescada e Gambas
  • Pionono recheo de ovo e xamón
  • Rosbif de tenreira en redución de mencía
  • Minihamburguesas variadas con cebola acaramelada
  • Brocheta de polo e mango
  • Tortillas variadas

… e os doces que non podían faltar:

  • Tarta de queixo caseira
  • Mousse de chocolate brasileira

Terceiro Prato

Adega Eduardo Peña

Hai moitas actividades que se poden realizar con tempo soleado e aproveitando as instalacións náuticas e o entornno, pero nesta ocasión, tiñamos un fermoso día nublado, pero como no Parque Náutico de Castrelo de Miño hai posibilidades para facer actividades independentemente da climatoloxía os asistentes puideron visitar dúas adegas para coñecer como e o proceso de elaboración dos viños da zona:  Eduardo Peña e Adega Pousadoiro.