Reservas no 988 493 245. Por se buscas un lugar que sexa un:
- Café-bar: todos os días de 9:00 a 23:00 horas. Coa nosa fermosa terraza ao carón do Miño.
- Restaurante:
- Menú especial Rutas do Viño.
- De 13:00 a 15:30 horas: carta con novidades semanais e menús de luns a venres. Pregamos reservar no 988 493 245.
- De 19:30 a 22:30 (só fins de semana en outono, inverno e primavera, agás grupos): carta de ceas con racións de todo tipo para compartir, ou non. Pregamos reservar no 988 493 245.
- Novidades: anunciamos nas nosas redes (Fb, Ig e Tw) as actividades a novidades semanais co noso perfil @nauticocastrelo .
- Escoitar música en directo: o calendario de actuacións musicais dos nosos Solpores no Náutico durante os meses de verán.
- Na nosa carta de xantares do fin de semana estamos a facer o esforzo por aumentar a presenza de alimentos frescos; especialmente peixes de lonxa pescados en Galicia. As reservas permítennos comprar de xeito axustado e tirar o menos posible.
- Compartimos espazo coa piscina municipal (abre polas tardes), o Club Náutico de Castrelo de Miño (cursos de vela, alugueiro de pedaletas, kaiacs e pádel-surf), o Club de Piragüísmo de Avión-Castrelo (alugueiro de kaiacs), zonas de baño cunha calidade das augas excelente (con varios embarcadoiros desde os que entrar á auga) e unha ampla área axardinada con parque infantil.
Grupos: menús especiais previo encargo e limitado ás restricións vixentes no momento. Envíanos un correo ao info@nauticocastrelo.com.
Grazas por colaborardes!!
