Paso a paso…

Despois dun longo proceso de xestións administrativas xa está en marcha o proxecto do novo Parque Náutico de Castrelo de Miño. A entrega das chaves por parte do concello é un hito importante no traballo de creación dun novo modelo de negocio para unhas instalacións emblemáticas.

Ver máis

Comezamos o camiño

Iniciamos a conta atrás para a recuperación dun espazo emblemático no corazón do Ribeiro. A partir de Semana Santa estarán en funcionamiento, e completamente renovadas, as instalacións de servizos do Parque Náutico de Castrelo. Cafetería, restaurante, viñoteca, sala de reunións e eventos e unha variada oferta de actividades para poñer en valor o enorme potencial do “mar interior” do Ribeiro.

Ver máis