Onde

En Castrelo de Miño (Ourense), no edificio do Parque Náutico. No mesmo edificio contamos con cafetería, restaurante, sala de reunións e actividades, e albergue municipal. A 5km de Ribadavia (Ourense), a donde se accede sola autovía A-52.

Venres 7 de Outubro

– Dende as 19: recepción e inscrición de asistentes. – 21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outono). – 22:00 Comezo das actividades.

  • Homenaxe á misión Rosetta.
  • Pre-estrea mundial de “O mestre de astronomía”, sobre partituras de música medieval de Ramón de Pareja, comentarios sobre o coñecemento astronómica da época entre as pezas instrumentais adicadas aos planetas. Música a cargo de Juan Vázquez.
  • Observación con telescopio da Lúa, Saturno, Marte e outros astros.

Sábado 8 de Outubro

10:30 Recepción e inscrición asistentes. Escolla de obradoiros.

11:45 Presentación oficial das actividades. Benvida de Xurxo Rodríguez (alcalde do Concello de Castrelo de Miño) e presentación ao cargo de X. Dositeo Veiga (responsable da organización).

12:00 Charla i (acceso libre).

  • Meteoritos: impactos contra a Terra e a Lúa. José María Madiedo: profesor titular da Universidade de Huelva e colaborador da Fundación AstroHita. Cada ano chegan á Terra entre 40.000  80.000 toneladas de partículas sólidas do espazo. A maioría son meteoroides, fragmentos de roca e metal que proceden de asteroides e cometas, colisionando contra a atmosfera do noso planeta a grande velocidade. Tamén impactan contra a superficie da Lúa, producindo relanzos que se poden detectar por telescopio. Os proxectos MIDAS e SMART permiten a súa detecección e seguemento.

13:30 Observación do Sol con telescopio H-alfa (acceso libre). Coa colaboración de AstroVigo.

14:00 Xantar.

16:00 Obradoiros (só inscritos). Tres sesións consecutivas de unha hora de duración cada unha.

  • Iniciación: a cargo de Jorge Arranz (Agrupación Astronómica de Madrid) e Luis Cuesta (colaborador do INTA-CAB). Dirixido aos asistentes que queiran iniciarse no mundo da astronomía.
  • Perfeccionamento: dirixidos especialmente a astrónomos afeccionados que queiran afondar nalgún dos aspectos da astronomía que máis lles interesen.
    • Meteoritos: análise práctica e clasificación, con meteoritos reais. J.M. Madiedo.
    • Como colaborar en proxectos profesionais de ocultación por asteroides: a cargo de Ramón Iglesias Marzoa (Observatorio de Javalambre).
    • Emprego de receptores dixitais asequibles en radio-astronomía: a cargo de Javi Moldes (grupo www.cacharreo.es).
    • Oculares para a observación visual: a cargo de Jorge Arranz.

17:00 Obradoiro infantil de astronomía (acceso libre) a cargo de Ana Ulla. Limitado a 15 asistentes.

19:00 Charla ii (acceso libre).

  • Ana Ulla: profesora titular da Universidade de Vigo.
    • O satélite Gaia: estado actual e participación galega no proxecto. Gaia é unha ambiciosa misión da Axencia Espacial Europea (ESA) que ten o obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da nosa Galaxia, a Vía Láctea. Aprobada en 2001 e lanzada en 2013, presentou os seus primeiros resultados hai un mes. Os datos obtidos por Gaia aportarán nova luz practicamente en todos os eidos da astronomía. Serán unha referencia nos vindeiros 50 anos.

21:00 Cea astronómica para os inscritos. Platos de inspiración astronómica como Sopa de Encélado, Crocante do Hubble ou a Torta Setestrelo, entre outos.

22:00 Observación astronómica (acceso libre):

  • Exemplo en directo de posible ocultación de estrela por asteroide.
  • Participación na International Observe the Moon Night.
  • Observación da Lúa, Saturno, Marte e outros obxectos astronómicos.
  • Anotados unha ducia de telescopios.
  • Prácticas dos inscritos no Obradoiro de iniciación.

 

Domingo 9 de Outubro

11:00 Obradoiros para inscritos. Repetición dalgún dos obradoiros do día anterior que tiveran maior demanda.

12:00 Charla iii (acceso libre).

  • Homenaxe á misión Rosetta. X. Dositeo Veiga.
  • Busca de vida extraterrestre desde Torrejón de Ardoz, Luis Cuesta Crespo do Centro de AstroBioloxía/CAB (INTA-CSIC, Instituto Nacional de Tecnica Aeroespacial – Consejo Superior de Investigaciones Científicas).

14:00 Xantar oficial de despedida.

16:30 Visita a adega de viño (máximo de 20 persoas).

Prezos

Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras e empadroados no Concello de Castrelo de Miño)

Paquetes oferta de aloxamento e manutención:

  • no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
  • sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
  • sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)

Opcións individuais: o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible no seu horario habitual:

  • cea do venres 7 de outubro: 15 euros.
  • xantar do sábado 8 de outubro: 12 €. Fabas vexetais, paella e postres caseiros.
  • cea astronómica do sábado 8 de outubro: 17 €. Catro platos e un postre de inspiración astronómica.
  • xantar do domingo 9 de outubro: 12 €. Gran cocido ao estilo Ribeiro.

Charlas

Ana Ulla, da Universidade de Vigo.

José María Madiedo, Universidade de Huelva e AstroHita.

Persoal do Centro de AstroBioloxía (NASA-INTA).

Obradoiros

Iniciación á astronomía: impartido por Jorge Arranz, destinado a todos os que queiran empezar a coñecer o mundo da astronomía. Partindo da base aprenderemos a coñecer o ceo nocturnos, como se moven os astros, nocións de cosmoloxía e iniciación ao manexo de telescopio.

Avanzado: varios obradoiros impartidos por diferentes ponentes que incluirán detección de meteoros, radioastronomía…

Exposición

Visions of the future, carteis da NASA.

Patrocinadores

Concello de Castrelo de Miño

Agrupación Astronómica Coruñesa Io

Agrupación Astronómica Rías Baixas

AstroVigo

Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra

Clube Compostelán Vega de Astronomía

Ourense Astronómico

Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica