XVII Edición San Silvestre

Como manda a tradición, rematamos este 2015 coa XVII Edición da Carreira de San Silvestre o vindeiro 31 de Decembro, con saída ás 16.30 dende o Parque Náutico de Castrelo. Tes ata o día 26 de Decembro para inscribirte (na seguinte ligazón), anímate a despedir este ano facendo deporte! Pero se non te convence moito o […]

Chega a Feira de Nadal a Castrelo de Miño

Como todos os derradeiros Domingos de mes, celebrarase a Feira de Castrelo o próximo 27 de Decembro no Parque Náutico. Pero desta vez, con motivo do Nadal e sendo a última do ano, a feira contará con animación musical, panxoliñas e xogos para os máis pequenos. Animádevos a achegarvos para pasear e mercar nos postos que ofrecen […]

V Xornada Micolóxicas de Castrelo de Miño

Sábado 24 de octubro 10:30 h – 11:00 h: Introducción ó mundo da micoloxía (Albergue Municipal de Castrelo de Miño, Parque Náutico) 11:00 h – Saída técnica á procura de cogumelos 12:30 h: Identificación de exemplares 17:00 h: Showcooking micolóxico Domingo 25 de octubro O domingo no Parque Náutico de Castrelo de Miño darase continuación […]

Feira de Agosto

Este domingo 30 de Agosto na Feira de Castrelo, A Feira da Maxia. A partires das 11:30 horas, maxia, humor e ilusión de mans do Mago Deimi. E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá: Postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e […]

Os Amigos dos Músicos nos Atardeceres no Náutico de Castrelo

Este Xoves 27 de Agosto, Os Amigos dos Músicos compartirán con nós unha noite de música, comida, bebida e astronomía.  Trátase dun grupo ourensán de folque que comezaron a súa andadura musical alá polo 2010 e agora achéganse ata o Parque Náutico de Castrelo para amosarnos as súas creacións musicáis.  Preparádevos para disfrutar dunha noite […]

VI Clásica Castrelo de Miño

Este ano, esta proba do calendario de clásicos, organizada por Clásicos Arenteiro celebrarase no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Os patrocinadores son as adegas POUSADOIRO, ANTONIO MONTERO e ALBOREXAR NO RIBEIRO, xunto coelas o Concello de Castrelo de Miño. Serán 150Km distribuídos por 7 tramos, dos que 109 son regulares e 41 de conexión. Seis […]