AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que os simplemente curiosos pasen uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións.

Datos técnicos
Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).
Datas: do 13 ao 15 de outubro.
Participantes: 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas.
Actividades: oficiais (conferencias, grupos de traballo, obradoiros para interesados e observacións públicas) e paralelas (exposicións, proxeccións cinematográficas, charlas-café…).

Programa de actividades
Venres 13 de outubro
20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.
21:00 AstroCea: cea temática astronómica.
22:00 horas. Actividade inicial: posible charla ou contacontos astronómicos ou… Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.

Sábado 8 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.
11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Actividade aberta
14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.
16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.

Domingo 9 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.
12:00 horas. Charla iv. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de Astrogalicia. Actividade pechada.
14:00 Xantar de despedida.
16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.

Ponentes
Todos eles profesionais en exercicio e expertos nos temas dos que falarán.
Luis Cuesta, astrofísico que traballa na actualidade no Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA), experto na busca de vida extraterrestre en Marte.
Cristina López: astrofísica do IAA que estivo no equipo descubridor do planeta Próxima centauri b e proxecto Pale Red Dot. Charla sobre exoplanetas.
Javier Cacho: “Auroras: el alma de la noche polar”. Leyendas en muy diferentes culturas, interacción Sol-Tierra, explicación física del fenómeno, fotos con truco, lo que realmente vemos… y más. A cargo de ex-director da Base Antártica Juan Carlos I e escritor.

Inscricións
Para a inscrición e a reserva de aloxamento no albergue de Castrelo de Miño, durante un día ou os dous que dura a actividade, hai a disposición dos interesados un formulario en liña.
Tamén é posible a asistencia libre ás charlas, cea astronómica (o venres) e a outras actividades de xeito puntual.

Prezo:
Xeral: 25 euros
Socios entidades patrocinadoras: 20 euros
Completa xeral (aloxamento, cea e xantares) 89 euros
Completa socios entidades patrocinadoras: 80 euros

Tamén é posible a asistencia libre ás charlas, cea astronómica (o venres) e a outras actividades de xeito puntual.

INSCRIBETE!!!

Location: Parque Náutico de Castrelo de Miño