Da horta
Non da nosa horta, é un xeito de falarmos. As patacas, de Xinzo, claro.
- Ensalada morna (variado de leitugas, mazá verde, champiñóns, polo e queixo de cabra acaramelado con vinagre de módena); 7
- Patacas tres salsas (alioli, brava e queixo); 5,5
Miniburguer
Discos de 90 g de peso (ou masa, para os puristas), diámetro duns 9 cm (todo aproximado, que nos coñecemos), entre 2 anacos de pan de verdade
- Vaca vella con queixo de cabra, tomate e leituga; 4,8
- Porco celta con queixo de tetilla; 5,3
- Vegana (arroz, pemento, cebola, millo crocante) tomate; 4,4
- NOVO: maxiburguer de 200 g de tenreira con tomate, leituga, bacon, ovo, cebola acaramelada e salsa 3 queixos; 7
Tostas
Unha rebanda de pan galego torradiño por nós. O corte varía de cada vez, podemos chamalo tosta artesá?
- Migas de bacallao e pemento asado; 6
- Verduras cabaciño, confitura de tomate e cebola acaramelada; 6
Carnes
Clásicos con presentacións e acabados orixinais. Ás veces á cociñeira gústalle xogar
- Espetiño tenreira especiado con romeu, ourego e pementa; 9,5
- Polo ao estilo teriyaki; 7,5
- Pauciños crocantes de polo con alioli; 7,5
- Raxo de porco alimentado con castañas; 9,9
Porque seguro que se pode mimar máis a un porquiño, pero non sabemos como
Peixiños e curmáns
- Espetiños de salmón mariñado en soia con salsa de iogur; 11
- Polbo á prancha con queixo Arzúa-Ulloa DO gratinado; 13,5
Non preguntedes de onde vén. Xa sabemos que do banco canario-saharaui. O galego non hai que o pille
- Chipiróns fritos; 9
Un clásico do verán. Son patagónicos, os mellores (galegos non quedan)
- Anguías fritas; 14,5
Seica en tempos había no Miño. Quédanos a festa da anguía de Barral, agás este ano 2020 que seica non vai haber. Xa sabedes por que.
Sobremesas
- Sobremesas caseiras: brownie de chocolate, torta de queixo ao forno, torta de queixo fría ou brazo de xitano; 3,3
Para que nos imos enganar, cambian tanto de conto na cociña que cada día é diferente. Así que mellor, preguntar. Todas caseiras, claro.
Consulta a nosa carta de viños.
Horario (outono, inverno e primavera): servizo de ceas de 20:00 a 22:30 venres e sábado. Resto dos días só por encargo.
Para levar ou recoller en local: pedidos ata as 19:30. O servizo a domicilio (consultar localidades) ten un custe de 4 € para pedidos inferiores a 30 €.